martes, 2 de noviembre de 2010

Tecnoloxía Grid (16)

Un claro exemplo da informatica distribuida é a empresa GNU/LINUX: miles de desarrolladores repartidos por todo o mundo contribúen, con pezas do codigo informático ao desarrollo modular ou en paquetes da distribución final.


Organización Virtual: as organizacións virtuais agrupan a entidades que poidan estar interesadas nun mesmo proxecto. Estas entidades desenrolan  plataformas capaces de compartir, de forma segura, todo tipo de recursos: datos, procesamento, almacenaxe...


Tecnoloxía Grid (15)

A tecnoloxía grid emprega ordenadores conectados entre si a través dunha rede de área local, dunha intranet o de internet. Aproveita o procesamento de todos os ordenadores conectados para crear un superordenador virtual, de modo que poidan realizarse grandes cantidades de procesamento fraccionando a información

Supón un aforro de enerxía e de recursos acorde coa idea xeral dun desarroio tecnolóxico sostible, Aproveita a alta porcentaxe de procesamento que queda libre, que doutro modo estaría completamente desaproveitado.

viernes, 29 de octubre de 2010

Samaín

Ata a súa conversión ao cristianismo, o Samaín (Samhain) foi a celebración máis importante do calendario celta. O Samaín (etimoloxicamente "final do verán") representaba o ritual da última colleita e o regreso dos rabaños aos cortes. Os celtas asociaban a noite de Samaín co momento no que o mundo do sidh - o outro mundo celta - se abría ao mundo dos vivos, o que convertía a esta celebración no momento idóneo para recordar e render culto aos antecesores falecidos.
Durante a noite de Samaín, os espíritos volvían camiñar sobre a terra; os espíritos dos familiares eran benvidos e preparábanse alimentos para eles. En cambio, as almas malignas debían ser escorrentadas para o que os celtas introducían velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos e colocábanas nos cruzamentos de camiños e os castros.
Na actualidade o Samaín continúa celebrándose polos seguidores de movementos neo-pagáns, como a wicca e o druidismo.


jueves, 28 de octubre de 2010

Software libre (12)

Vantaxes respecto ao software propietario:

  • É mais económico.
  • Liberdade de uso e redestribución.
  • Independencia tecnolóxica.
  •  Fomento da libre competencia, ao basearse en servizos e non en licencias.
  • Soporte e compatibilidade a largo plazo.
  • Formatos estandar.
  • Sistemas máis seguros e sen portas traseiras.
  • Corrección máis rápida e eficiente de fallos.
  • Métodos simples unificados de xestión de software.
  • Sistema en expansión.
Vantaxes do software propietario:

  • Propiedade e decisión do emprego  do software por parte da empresa.
  • Soporte para todo tipo de hardware.
  • Mellor acabado da maioría das aplicacións.
  • As aplicacións número un son propietarias.
  • O ocio para ordenadores personais está destinado ao mercado propietario.
  • Menor necesidade de técnicas especializadas.
  • Maior  mercado laboral actual.
  • Mellor protección das obras con copyright.
  • Unificación de produtos.

Software libre (11)

Diferencias co software prepietario:

  • O software libre é sempre gratuito e o propieterio pode ser gratis ou  de pago.
  • O software libre inclúe o código de programación para executar, copiar, distribuir, estudar, cambiar e mellorar o mesmo.
  • Osoftware propietario cede o código de programación co que está escrito o programa para executar, copiar, distribuir, estudar, cambiar e mellorar o mesmo.
  • As empresas que fan software propietario gañan diñeiro vendendo directamente e tamén co asesoramento e mantemento desas redes feitas con software propietario.
  • Moitas empresas que fan software propietario inverten tamén n software libre. A veces o software libre é capaz de crear produtos mellores que o software propietario.
Semellanzas co software propietario:

  • Os dous son softwares.
  • Os dous son imperfectos no seu lanzamento, xa que teñen moitos erros.
  • Os dous poden ser empregados comercialmente.

    miércoles, 27 de octubre de 2010

    Intelixencia Artificial (14)

    O campo da intelixencia artificial englobavarias subáreas:

    • Sistemas expertos
    • Demostración automática de teoremas 
    • Recoñecemento da voz de patróns
    • Procesamento da linguaxe natural
    • Visión artificial
    • Robótica
    • Redes neuronais
    Recoñecemento automático de voz.Usos e aplicacións:

    • Dictado automático
    • Control por comandos
    • Telefonía
    • Sistemas portátiles
    • Sistemas deseñados para discapacitados
    Funcionamento das redes neuronais artificiais: Non se preograma de forma directa, como nos sistemas expertos, senón que se adquire a partir de exemplos, por axuste de parámetros das neuronas mediante un algoritmo de aprendizaxe.
    Os sistemas expertoas acercaríanse máis ó razonamento deductivo(obter regras) e as redes neuronais as individuo(aprendizaxe mediante exemplos). Ambos modelos son perfectamente compactibles, de forma que pódense integrar nun único sistema.

    Intelixencia Artificial (13)

    E a parte da ciencia que se ocupa do diseño de seistemas de computación intelixentes, é dicir, sistemas que exhiben as características que asociamos á intelixencia no comportamento humano que refírese á comprensión da linguaxe, o razonamento, aresolución de problemas...

    Os obxetivos da visión artificial:

    • A detección, segmentación, localización e recoñecemento de certos obxetos en imaxes.
    • Rexistro de diferentes imaxes dunha mesma escena ou obxeto, facer concordar un mesmo obxeto en distintas imaxes.
    • Seguimento dun obxeto nunha secuencia de imaxes.
    • Mapeo dunha escena para xerar un modelo tridimensional dela; tal modelo podería ser empregado por por un robot para navegar por ela.
    • Estimación das posturas tridimensionais de humanos.
    • Búsqueda de imaxes dixitais polo seu contido.