viernes, 25 de marzo de 2011
jueves, 10 de marzo de 2011
9. DISPOSITIVOS DA COMUNICACIÓN. REDES.
- Redes locais.
Topoloxía dunha rede.
*Rede en anel: Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido polo anel e cada ordenador analiza se é el o destinatario; se non fora así, deixará pasar a información ao seguinte e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha alta tasa de transferencia de información.
*Rede en estrela: Os ordenadores están unidos a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta. Empregan cables do tipo UTP.
*hub e switch: Hub: A este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo (impresora, router...), e actúa de ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.
Switch: Ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.
*Rede en anel: Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido polo anel e cada ordenador analiza se é el o destinatario; se non fora así, deixará pasar a información ao seguinte e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha alta tasa de transferencia de información.
*Rede en estrela: Os ordenadores están unidos a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta. Empregan cables do tipo UTP.
*hub e switch: Hub: A este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo (impresora, router...), e actúa de ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.
Switch: Ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.
- Cableado dunha rede local.
*Cableado coaxial. Trátase dun cable que está formado por un fía condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar velocidade de transmisión media; a conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores BNC. Actualmente está en desuso.
*Cableado UTP. Este cable está constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Este tipo de cable, que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación, necesita conectores RJ-45.
*Cableado de fibra óptica. A fibra optica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro (cada un transmite nunha soa dirección) protexidas por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permite alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan os conectores ST de fibra óptica.
- Redes inarámicas.
As tecnoloxías que permiten a conexión sen cables encóntranse en continua investigación, e baséanse tanto en ondas de raio coma en microondas para transmitir a información. A velocidade de transmisión é baixa e varía segundo os protocolos utilizados, as distancias que alcanzan tamén van aumentando grazas a sistemas con novos protocolos como, por exemplo, WiMAX que permite unir dous puntos situados ata un máximo de 50 km con velocidades de ata 70 Mbps.
- Redes externas. Internet.
Unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre se cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo paises; a este tipo de rede pertencería internet, aínda que, dada a súa amplitude, se lle considera xa como unha rede global.
- Redes privadas virtuais.
As redes privadas virtuais, VPN (Virtual Private Network), son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa, pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada
- Conexión a través dunha liña telefónica.
*Módems.Os modems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña telefónica convencional, RTC, (Rede Telefónica Conmutada). Como o seu nome indica a súa misión consiste en modular o sinal dixital do ordenador en analóxica e demodular o sinal analóxico recibido para converter en sinal dixital.
*Tarxetas RDSI.Ademais das liñas telefónicas convencionais, hai outras denominadas RDSIS (Rede Dixital de Servizos Integrados). Entre as súas vantaxes fronte ás liñasRTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital, non analóxica. Ademais, estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas.
*Módems ADSL.A aparición da tecnoloxía ADSL supuxo unha revolución en canto á conexión a internet. Esta tecnoloxía permite o uso do fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade e, simultáneamente, para o uso normal dunha liña telefónica.
A evolución do ADSL trouxo consigo novas versións melloradas desta tecnoloxía, como son a ADSL2 e a ADSL2+, cun aumento substancial das velocidades de transferencia.
*Router.Este dispositivo, tamén chamado enrutador, permite unir ordenadores (ten conectores RJ45) coma se fose un hub ou switch. Pero esta non é a súa única e principal función, posto que un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes.
O router tamén se encarga de que a información que pasa por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios, evitando deste modo que exista transferencia de información innecesaria pola rede. - Conexión a través de cable.
Outra forma de conectarse a internet consiste en utilizar un cable, habitualmente coaxial; con este tipo de conexión conséguense altas taxas de transmisión. O inconveniente deste tipo de conexión é que necesita unha infraestrutura nova (cableado) que non en todas as zonas xeográficas está dispoñible. No caso do cable, a conexión non se establece directamente entre o usuario e o provedor (punto a punto), senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable, ademais de dispoñer de cobertura tamén é necesario dispoñer dunha modem-cable.
- Conexión vía satélite.
A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet; en realidade, trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero a envía pro un sistema terrestre (RTC, RDSI, xDSL, cable...). A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que utilice calquera outra conexión terrestre para a petición de páxinas, o envío de correos electrónicos..., que representen un volume pequeno de información.
- Conexión por ondas radioelétricas.
De forma semellante á conexión de ordenadores nunha rede de área local inarámica, tamén é posible acceder a internet mediante ondas radioeléctricas, o que supón un abandono do punto de conexión específico e unha liberación en canto á mobilidade. Os usuarios establecen comunicación mediante ondas radioeléctricas de alta frecuencia (entre 28 e 40 GHz). Dependendo da frecuencia, alcánzanse diferentes taxas de transferencia de información e distintas distancias de operatividade.
- Conexión móbil.
*GSM. O sistema GSM é un estándar internacional de telecomunicacións dixitais móbiles, que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. Nel, a voz convértese nun sinal dixital codificado e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala.
*GPRS. O sistema GPRS está baseado na comunicación de paquetes e non de circuítos, como era o caso do sistema GSM. Con este sistema non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas.
*UMTS. O sistema de comunicación UMTS traballa cunha frecuencia moi alta (2 GHz), que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2 Mbps. Con esa alta taxa é posible transmitir voz e datos á vez, e mesmo sinal de TV e videocámara. - Clic aquí para mayor información sobre redes
jueves, 17 de febrero de 2011
8. DISPOSITIVOS DE ALMACENAMENTO.
- Discos magnéticos.
O disco flexible, tan utilizado ata a aparición da memoria flash, era o soporte de almacenamento (magnético) que se utilizaba para transportar información dun ordenador a outro. Os máis utilizados son o disco 3 1/2, discos ZIP e os Superdisk LS-x.
Hoxe en día, os discos duros son os representantes de discos magnéticos máis importantes.
Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
A capacidade do disco duro, que, cada día, aumenta vertixinosamente, sendo habitual falar de discos duros de 200, 400 ou 500 GB, e mesmo 1TB.
Dependendo da tecnoloxía de transferencia de datos os discos duros poden ser de varios tipos, os máis utilizados son os discos IDE (EIDE), dentor deste tipo hai que falar de subtipos que se diferencian na velocidade de transferencia de datos: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA-100, Serial-ATA,...
Dependendo da tecnoloxía de transferencia de datos os discos duros poden ser de varios tipos, os máis utilizados son os discos IDE (EIDE), dentor deste tipo hai que falar de subtipos que se diferencian na velocidade de transferencia de datos: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA-100, Serial-ATA,...
- Disco ópticos.
- CD-ROM: A información dun CD-ROM está almacenada nunha só cara, seguindo pista única en forma de espiral que comeza no centro do disco e remata no bordo exterior. Como é lóxico para que un ordenador poida ler a información, debe dispoñer dunha unidade lectora de CD-ROM.
- CD Grabables e discos regrabables: As grabadoras de CD-ROM permiten grabar, en discos virxes, a información desexada de forma permanente; a devandita información só poderá lerse e nunca poderá ser modificada. Aos discos grabables denomínaselles, discos WORM.
- DVD-ROM: Os discos DVD son fisicamente semellantes ás CD-ROMS, pero a súa capacidade é moito maior. Esta capacidade conséguena aumentando a densidade de escritura, aproveitando as dúas caras do disco.
- DVD grabables e regrabables: Ao igual que aconteceu coas CD-ROMS, tanto os discos coma as unidades lectoras de DVD evolucionaron ata ofrecer a posibilidade de gravar e regravar información neles.
- HD DVD: A evolución dos discos DVD ten traido os novos discos ópticos denominados HD DVD, cuxo aspecto físico é análogo aos seus predecesores (12 cm de diámetro) pero cunha capacidade de almacenamento bastante superior. Almacena vídeos de alta definición e datos.
- Discos mágneto-óptico.
- Dispositivos de almacenamento baseado na memoria flash.
As memorias flash, inicialmente utilizadas para almacenar os datos da BIOS do ordenador.Estes dispositivos, que adoitan comercializarse con distintos nomes (Compact flash, Memory stick, Smart drive, Pendrive...) non só son dispositivos informáticos, senón que se estendeu a súa utilización a outros dispositivos electrónicos.
Caracterízanse polo seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que subministre enerxía á memoria para manter a grabación, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre 100000 e 1000000 as veces que se poderá grabar información nela.
Clic aquí para maior información
- Blu-ray.
- É un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade.
- O disco Blu-ray fai uso dun raio láser de cor azul a diferenza do láser vermello utilizado en lectores de DVD.
- A súa capacidade de almacenamento chega a 25 GB por capa.
- Tamén está no mercado o disco de dobre capa, que pode conter aproximadamente 50 GB.
- A velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/S (54 Mbps paraBD-ROM), pero xa están en desenvolvemento prototipos a velocidade de transferencia 2x (o dobre, 72 Mbit por segundo).
- Os sistemas Blu-ray incorporan cinco sistemas anticopia: AACS, BD+Rom-Mark, SPDG e ICT.


miércoles, 19 de enero de 2011
Tema 5
Nunha entrada do teu blogue fai unha lista cos arquivos correspondentes as actividades do tema5 (feitas con Open Office Writer, exportadas a PDF). En cada punto da lista debe ir unha ligazón a un arquivo PDF en Google Sites.
Lembra que todos os arquivos deben estar escritos en lingua galega. Podes empregar un tradutor on line, como por exemplo: TRADUTOR DA XUNTA.
- XORNAL.PDF (fig21 páx115).
- HORARIO.PDF (fig30 páx 117).
- PARLAMENTO.PDF (fig31 páx118).
- APUNTES.PDF (fig 35 páx 120).
- ECUACION.PDF (fig 43 páx 122).
- ROBOTICA.PDF (act 8 páx 126 : o texto necesario está aquí).
- EXAME.PDF (act 10 páx 126).
viernes, 17 de diciembre de 2010
Edición de son
- Arquivos de son
- Programas de edición de son
- Audacity
- Titorial de Audacity (feito por ti, arquivo PDF en google sites incluindo capturas de pantalla e ligazóns).
viernes, 3 de diciembre de 2010
Tarxeta gráfica
Texto: resposta á pregunta do exame.
Incluir:
- Foto
- Video
- Ligazón a páxina web con información
Tarxeta de son
A tarxeta de son é a encargada de transformar o son analóxico en información dixital (ceros e uns), e viceversa; así, gracias á tarxeta de son, poderemos:
- Escoitar son almacenado nuns ficheiros denominados arquivos de son.
- Gravar e manipular os sons almacenados neses ficheiros.
- Incluir sons en documentos diversos: presentacións de Power Point, páxinas web...
- Escoitar CD musicais no ordenador.
- Empregar programas de música para compoñer, retocar e reproducir melodías propias.
- Empregar o ordenador coma se dunha cadea musical se tratase.
- Porto MIDI / Joystick: permite introducir son directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.
- Entrada de liña de audio: permite introducir, ao ordenador, son dun parato externo: unha radio, unha cadea de música...
- Saida de audio: envía o son a un amplificador ou gravador externo.
- Saida para altavoces ou cascos: Permite conectar eses dispositivos.
- Entrada de micrófono: permite introducir son do exterior: voz, música....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

