viernes, 19 de noviembre de 2010

Tema 2 "HARDWARE"

Facer con viñetas unha lista de traballos uqe levarán a google sites, onde gardaremos os arquivos feitos con open office writer.

Preme aquí para visualizar os arquivos
  • Dispositivos do ordenador. Diagrama da páxina 28, feito en imaxes de pequeno tamaño, preferentemente gifs(animados ou non)
  • Actividade 9
  • Actividade 16

jueves, 4 de noviembre de 2010

Museo Nacional do Prado

O Museo Nacional do Prado, situado en Madrid, España, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres europeos dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de Velázquez, Goya (o artista máis extensamente representado na colección),2 Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores tan importantes como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese,Tintoretto, Van Dyck ou El Bosco, por citar só os máis relevantes. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de máis de 7.800 que ten no seu inventario, e que por iso sexa definido como «a maior concentración de obras mestras por metro cadrado».

Fai click aquí para ter unha visual en 3d en google earth:

Mapa aéreo dende google sites:



Ver mapa más grande

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Bateas

As bateas consisten nunha armazón rectangular de madeira de 100 a 500 metros cadrados soportada por flotadores de aceiro recubertos con fibra de vidro, poliéster ou recheos con poliéster expandido. Ordénanse en grupos chamados polígonos, cuxa disposición e número están controlados polas autoridades autonómicas. Recentemente limitouse a 500 o número de cordas por balsa para evitar a saturación das zonas de cultivo e favorecer un mellor crecemento. A balsa suxéitase ao fondo mediante unha ou dúas cadeas de aceiro e un peso de vinte toneladas. Da armazón de madeira cólganse cordas de nailon de tres centímetros de grosor e de dez a doce metros de longo, onde se engorda o mexillón.

martes, 2 de noviembre de 2010

Tecnoloxía Grid (16)

Un claro exemplo da informatica distribuida é a empresa GNU/LINUX: miles de desarrolladores repartidos por todo o mundo contribúen, con pezas do codigo informático ao desarrollo modular ou en paquetes da distribución final.


Organización Virtual: as organizacións virtuais agrupan a entidades que poidan estar interesadas nun mesmo proxecto. Estas entidades desenrolan  plataformas capaces de compartir, de forma segura, todo tipo de recursos: datos, procesamento, almacenaxe...


Tecnoloxía Grid (15)

A tecnoloxía grid emprega ordenadores conectados entre si a través dunha rede de área local, dunha intranet o de internet. Aproveita o procesamento de todos os ordenadores conectados para crear un superordenador virtual, de modo que poidan realizarse grandes cantidades de procesamento fraccionando a información

Supón un aforro de enerxía e de recursos acorde coa idea xeral dun desarroio tecnolóxico sostible, Aproveita a alta porcentaxe de procesamento que queda libre, que doutro modo estaría completamente desaproveitado.