jueves, 17 de febrero de 2011

8. DISPOSITIVOS DE ALMACENAMENTO.



  • Discos magnéticos.
 Os discos magnéticos gardan a información en superficies (discos) de natureza magnética. Antes de poder utilizar un disco magnético, este ha de ser preparado (formatado) para que poida recibir a información.
O disco flexible, tan utilizado ata a aparición da memoria flash, era o soporte de almacenamento (magnético) que se utilizaba para transportar información dun ordenador a outro. Os máis utilizados son o disco 3 1/2, discos ZIP e os Superdisk LS-x.
Hoxe en día, os discos duros son os representantes de discos magnéticos máis importantes.
Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
A capacidade do disco duro, que, cada día, aumenta vertixinosamente, sendo habitual falar de discos duros de 200, 400 ou 500 GB, e mesmo 1TB.
Dependendo da tecnoloxía de transferencia de datos os discos duros poden ser de varios tipos, os máis utilizados son os discos IDE (EIDE), dentor deste tipo hai que falar de subtipos que se diferencian na velocidade de transferencia de datos: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA-100, Serial-ATA,...

  • Disco ópticos.
 
  1. CD-ROM: A información dun CD-ROM está almacenada nunha só cara, seguindo pista única en forma de espiral que comeza no centro do disco e remata no bordo exterior. Como é lóxico para que un ordenador poida ler a información, debe dispoñer dunha unidade lectora de CD-ROM.
  2. CD Grabables e discos regrabables: As grabadoras de CD-ROM permiten grabar, en discos virxes, a información desexada de forma permanente; a devandita información só poderá lerse e nunca poderá ser modificada. Aos discos grabables denomínaselles, discos WORM.
  3.  DVD-ROM: Os discos DVD son fisicamente semellantes ás CD-ROMS, pero a súa capacidade é moito maior. Esta capacidade conséguena aumentando a densidade de escritura, aproveitando as dúas caras do disco. 
  4. DVD grabables e regrabables: Ao igual que aconteceu coas CD-ROMS, tanto os discos coma as unidades lectoras de DVD evolucionaron ata ofrecer a posibilidade de gravar e regravar información neles.
  5. HD DVD: A evolución dos discos DVD ten traido os novos discos ópticos denominados HD DVD, cuxo aspecto físico é análogo aos seus predecesores (12 cm de diámetro) pero cunha capacidade de almacenamento bastante superior. Almacena vídeos de alta definición e datos.
  • Discos mágneto-óptico.
 Estes discos utilizan unha tecnoloxía mixta: magnética e óptica. A súa gran vantaxe é que permiten almacenar unha gran cantidade de información mediante a técnica óptica, pero, ademais, os datos poden ser modificados e borrados grazas átecnoloxía magnética. A lectura de información realízase do mesmo modo que nun disco óptico; a orientación dos cristais fai que o raio de luz se reflicta ou non na dirección determinada para que sexa detectada por un sensor e poida converterse en información dixital (0 e 1).
  • Dispositivos de almacenamento baseado na memoria flash.
 As memorias flash, inicialmente utilizadas para almacenar os datos da BIOS do ordenador.
Estes dispositivos, que adoitan comercializarse con distintos nomes (Compact flash, Memory stick, Smart drive, Pendrive...) non só son dispositivos informáticos, senón que se estendeu a súa utilización a outros dispositivos electrónicos.
Caracterízanse polo seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que subministre enerxía á memoria para manter a grabación, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre 100000 e 1000000 as veces que se poderá grabar información nela.



Clic aquí para maior información
 
  • Blu-ray.
  1. É un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade.
  2. O disco Blu-ray fai uso dun raio láser de cor azul a diferenza do láser vermello utilizado en lectores de DVD.
  3. A súa capacidade de almacenamento chega a 25 GB por capa.
  4. Tamén está no mercado o disco de dobre capa, que pode conter aproximadamente 50 GB.
  5. A velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/S (54 Mbps paraBD-ROM), pero xa están en desenvolvemento prototipos a velocidade de transferencia 2x (o dobre, 72 Mbit por segundo).
  6. Os sistemas Blu-ray incorporan cinco sistemas anticopia: AACS, BD+Rom-MarkSPDG e ICT.