viernes, 3 de diciembre de 2010

Tarxeta de son

A tarxeta de son é a encargada de transformar o son analóxico en información dixital (ceros e uns), e viceversa; así, gracias á tarxeta de son, poderemos:
    • Escoitar son almacenado nuns ficheiros denominados arquivos de son.
    • Gravar e manipular os sons almacenados neses ficheiros.
    • Incluir sons en documentos diversos: presentacións de Power Point, páxinas web...
    • Escoitar CD musicais no ordenador.
    • Empregar programas de música para compoñer, retocar e reproducir melodías propias.
    • Empregar o ordenador coma se dunha cadea musical se tratase.
    Conectores:
    • Porto MIDI / Joystick: permite introducir son directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.
    • Entrada de liña de audio: permite introducir, ao ordenador, son dun parato externo: unha radio, unha cadea de música...
    • Saida de audio: envía o son a un amplificador ou gravador externo.
    • Saida para altavoces ou cascos: Permite conectar eses dispositivos.
    • Entrada de micrófono: permite introducir son do exterior: voz, música....

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario