domingo, 27 de marzo de 2011

Dispositivos de entrada e saida

  • Dispositivos de entrada: 
Rato: Este dispositivo permite transmitir información ao ordenador de dous modos: desprazándoo por unha superficie para provocar o movemaento do seu indicador na pantalla, e pulsando os seus botóns para realizar certas accións en función de onde estea colocado o indicador.

Teclado: É o modo máis frecuente de introducir información no ordenador. Hai gran variedade de teclados, con posibilidade de conectalos a distintos portos e mesmo con transmisión de datos por infravermellos.

Lectores de códigos de barras: Os códigos de barras son un conxunto de liñas verticais de cor negra que teñen distintos grosores. Un lector de códigos de barra é un dispositivo capaz de ler e interpretar a devandita secuencia de barras, permitindo ao ordenador identificar o produto, e obtendo, así, información acerca del.

Escáner: É un dispositivo que permite introducir información dende documentos en papel: imaxes, debuxos, fotografías..., e, mesmo carácteres, aínda que para isto último debe dispoñer do sistema OCR (Optical Character Recognition). A calidade dun escáner mídese en ppp ou dpi, unidade que indica o número de puntos que toma de cada polgada (2,54 cm).

Joystick: O principal campo de aplicación deste dispositivo son os videoxogos; introduce no ordenador os movementos efectuados sobre a súa panca e algunhas ordes mediante a pulsación dalgún botón.

Tabletas dixitalizadores: Estes taboleiros utilízanse para realizar debuxos e gráficos con gran precisión; son frecuentes en aplicacións de debuxo.

Lectores de bandas magnéticas: A utilización das bandas magnéticas está cada día máis estendida (tarxetas de crédito, tarxetas de identificación persoal, etc.). Os lectores de banda magnética son dispositivos capaces de ler a información gravada na devandita banda.

Pantallas táctiles: Ademais de mostrar a información, as pantallas táctiles ofrecen a posibilidade de introducir información con só situar un dedo na súa superficie.

Tablet PC: Os Tablet PC constitúen a última evolución dos portátiles ou das PDA, con tamaños intermedios entre ambos os dous; adoitan ter unha pantalla de 10" que serve para introducir datos, de forma semellante a como se fai nunha PDA.

Cámaras dixitais: Existen dispositivos que permiten introducir tanto imaxes coma vídeos no ordenador. Entre eles están as cámaras fotográficas dixitais, cuxas imaxes dixitais poden descargarse ao ordenador para ser manipuladas.


Micrófono: Este instrumento clásico pode ser utilizado tamén como dispositivo de entrada, sempre e cando se dispoña dunha tarxeta de son no ordenador.
  • Dispositivos de saida:
Monitores:

Este dispositivo, imprescindible para o ordenador, permite visualizar o resultado da información procesada.
  1. Monitores convencionais (CRT): O seu funcionamento baséase na utilización dun tubo de raios catódicos que envía, dende o fondo cara á pantalla, unha corrente de electróns que ao chocar cunha superficie de material fosforescente situada na parte interior da pantalla, a iluminación, formándose as imaxes. 
  2. Pantallas planas de cristal líquido (LCD): Estes monitores, evolucionados das pantallas das calculadoras e portátiles, utilizan millóns de celas de cristal líquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raio, que compoñen a imaxe do monitor. 
  3. Pantallas planas TFT: Están constituídas por unha matriz de millóns de puntos; cada punto é un transistor que actúa de forma independente, coa súa cor, brillo, ton, etc., e o conxunto de todos eles forma unha imaxe de alta calidade. 
  4. Monitores de plasma: Trátase tamén de monitores planos, habitualmente de grandes dimensións, baseados na utilización dun gas (plasma) que, en cada un dos puntos (pixeis) da pantalla, adquire a cor, o brillo, etc., necesarios para conformar a imaxe.
Unha característica importante dun monitor é a súa frecuencia (Hz), que indica o número de veces que mostra as imaxes nun segundo; un valor baixo de frecuencia supoñerá que a imaxe vibre e que a vista teña que esforzarse máis do habitual (cansazo visual).

A resolución dun monitor depende do número de puntos (pixeis), que se obtén como produto do número de liñas (filas) polo número de pixeis de cada unha delas (columnas); ademais o número de cores tamén inflúe na calidade da imaxe.
A resolución dun monitor indícase utilizando a seguinte nomenclatura: 1024 x 768, que ha de interpretarse como 1024 columnas e 768 filas; nese caso a imaxe terá 786432 pixeis.

Por outra parte, para que unha imaxe se mostre cun número determinado de cores, necesita unha cantidade de bits que dean a información de cada pixel. A fórmula para saber o número de cores é a seguinte: número de cores é igual a dous elevado ao número de bits necesarios por pixel.
 
Impresoras: 

As impresoras permiten obter a información imprimida en distintos soportes físicos: papel, transparencia, etc.
A calidade dunha impresora mídese en ppp (puntos por polgada) ou dpi (dots per inch), medida que indica o número de puntos que pode debuxar nunha polgada.
En canto á velocidade, pódese medir en cps (carácteres por segundo) ou, o que é máis frecuente hoxe en día, en ppm (páxinas por minuto). 
  1. Impresoras de margarida ou matriciais: Estas impresoras, xa en desuso, baseaban a impresión no golpeo sobre unha fita impregnada de tinta que, ao tomar contacto co papel, marcaba nel a información. 
  2. Impresoras térmicas: Este tipo de impresoras basea o seu funcionamento na tinguidura do papel mediante un proceso térmico; adoitan ser impresoras de cor, de custo económico non moi alto. Empréganse, sobre todo, para imprimir billetes. 
  3. Impresoras láser: Utilizan unha tecnoloxía similar á das fotocopiadoras. Son bastante máis rápidas e permiten obter resultados de alta calidade; cada vez son máis frecuentes as impresoras láser de cor. 
  4. Impresoras de chorro de tinta: Dada a súa boa relación calidade/prezo, esta son as máis utilizadas entre os usuarios de ordenadores persoais. Trátase de impresoras de cor, que obteñen a impresión pola inxección de tinta líquida a través de cabezais.
Plotter:

Trátase dun dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño asistido por ordenador, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos, mapas, etc.
Tecnicamente, un plotter está constituído por un brazo robótico, en cuxo extrema se encontra unha plumiña; a gran diferenza respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos, conseguindo así figuras de gran calidade, ademais utliza papel de grandes dimensións.

Microfilme COM (Computer Output in Microfilm): 

Esta técnica utilízase habitualmente en bancos e bibliotecas, xa que permite almacenar información nun espazo moi reducido.
As páxinas de información son fotografadas mediante unha cámara especial e transfórmase en imaxes de 1,5 cm cadrados, que posteriormente son agrupadas en fichas (cada unha de estade fichas contén unhas 100 imaxes). Para poder ler a información dunha ficha necesítase un lector de microfichas, que proxecta unha imaxe ampliada dela nunha pantalla.



No hay comentarios:

Publicar un comentario