

A Fundación Príncipe de Asturias convoca dende 1981 os Premios Príncipe de Asturias que, anualmente, son entregados por A súa Alteza Real o Príncipe de Asturias, Presidente de Honra desta institución, nun solemne acto académico que se celebra en Oviedo, capital do Principado de Asturias. Son obxectivos primordiais da Fundación consolidar os vínculos existentes entre o Principado e o Príncipe de Asturias e contribuír á exaltación e promoción de cantos valores científicos, culturais e humanísticos son patrimonio universal.
Categorías:
Artes
Comunicación e Humanidades
Letras
Deportes
Ciencias Sociais
Investigación Científica e Técnica
Cooperación Internacional
Concordia
Ata o momento xa foron galardonados múltiples candidatos nas distintas categorias:
Richard Serra(Arte): considerado un dos escultores máis relevantes da vangarda da segunda metade do século XX pola súa innovadora visión ao integrar os espazos urbanos a través dunha obra que invita á reflexión.
Alain Touraine y Zygmunt Bauman(Comunicación e Humanidades):dous dos máximos expoñentes do pensamento europeo actual, analizaron as profundas transformacións das estruturas sociais contemporáneas e desenvolveron conceptos clave para a comprensión de cuestións fundamentais do noso tempo.
Amin Maalouf(Letras):a súa obra, traducida a máis de 20 idiomas, sitúao como un dos escritores contemporáneos que máis afondou na cultura mediterránea, representada como un espazo simbólico de convivencia e tolerancia.
Selección Española de Futobol(Deportes): o seu triunfo na Copa do Mundo tras vencer no Campionato de Europa converteuse nun dos fitos do deporte español a nivel internacional. A súa exemplar forma de entender o fútbol, baseado na deportividade, o xogo limpo e o compañeirismo logrou reunir millóns de persoas en torno a un equipo que fixo historia.
Equipo arqueolóxico dos Guerreiros de Xi'an(Ciencias Sociais):Considerado un dos descubrimentos arqueolóxicos máis importantes do século XX, o depósito dos guerreiros de terracota, tamén coñecidos como Guerreiros de Xi'an, é unha fonte de información de extraordinaria riqueza sobre a civilización chinesa.
Científicos que lideran no mundo a investigación na loita contra a dor(Investigación Científica e Técnica): c
onsiderados pola comunidade científica como referentes mundiais da Neurobioloxía sensorial, David Julius, Baruch Minke e LindaWatkins descubriron, dende aproximacións complementarias, as causas e mecanismos polos que se produce e percibe a dor, así como outras sensacións como o frío, a calor ou o gusto. Os descubrimentos destes científicos abren novas e esperanzadoras vías ao deseño racional de terapias e medicamentos específicos para o tratamento selectivo dos diferentes tipos de dor, un dos grandes retos da medicina de todos os tempos.
The Transplantation Society e a Organización Nacional de Transplantes(Cooperación Internacional):c
mbas as dúas institucións destacan polo seu determinante labor no establecemento dos principios médicos e éticos que rexen os procesos clínicos e a investigación científica relacionada cos transplantes.
Mans Unidas(Concordia): a
o longo de 50 anos, Mans Unidas desenvolveu un importante labor humanitario e social, de acción contra a fame e o subdesenvolvemento, e favoreceu o acceso á educación e á sanidade millóns de persoas en todo o mundo, mellorando con iso as súas condicións de vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario